Arquivo de Febreiro, 2009

A arte de peidear, PTN Hurtaut

Febreiro 26, 2009

Este libro que vas ter pronto nas túas mans querido lector e froito do intento de dar á luz no idioma galego de certos opúsculos escatolóxicos descoñecidos na nosa lingua, A Arte de Peidear , de Pierre Thomas Nicolas Hurtaut, Oratio pro crepitus ventris (Oración en defensa do peido) do Padre Martí, e a bibliografía correspondente a letra P que aparece na Bibliotheca Scatologica de Pierre Jannet, traducidos por Básico Rodríguez asemesmo un glosario-vocabulario con arredor de 1.100 entrados sobre o tema recopilado polo profesor Francisco Cobo que lonxe de ser definitiva, D.M., non deixa de ser o máis exhaustivo dos que existen publicados polo momento.

A teima literaria da escatoloxía como apreceriedes na lectura do libro e tan antiga como home mesmo, até mesmo chega ao futuro como problema social nun pequeño conto de P.K.Dick titulado “The Chromiun Fence” no que a tesitura na vida política está escindida entre o partido dos Puristas e o partido dos Naturalistas no que se relata un anaco de vida cotiá dunha familia en época de eleccións xerais, entresaco por significativo o siguiente paragrafo:
-”É absurdo matar a un home porque ten halitose! É absurdo mallar nalguén porque no ten extirpado as súas glándulas sudoríparas, nen ten instaladas tuberías de excreción artificial. Haberá unha guerra aínda máis absurda que as outras. Os naturalistas teñen almacenadas armas. A xente morrerá como se o fixera por algo verdadeiro.
-É hora da cea, querido-dixo Betty sinalando para a mesa.
-Non teño fame.
-Déixate de prosmadas e come, ou terás mala dixestión, e xa sabes o que che quero dicir.
Sí, sábiao abondo. Sabía que a súa vida estaría en perigo. Un peido en presencia dun purista e habería unha loita á morte. No mundo non coubían a un tempo os homes que ceibaban peidos e os homes que non soportaban aos peideiros. Sucedera o inevitable: a enmenda fora aprobada. Os días dos naturalistas estaban contados.”
A ARTE DE PEIDEAR
Pierre Thomas Nicolas Hurtaut
ORACIÓN EN DEFENSA DO PEIDO (Oratio pro crepitus ventris) Padre Martí
-LETRA -P- (Bibliotheca Scatologica ) Pierre Jannet
GLOSARIO ESCATÓLOXICO GALEGO por Francisco Cobo
Este vai ser contido do novo libro a publicar por A gracia VeniaiSediciónssinal de obras aéreas